SEGUNDA EDICIÓN PRIMEIRA FEIRA VEGANA E SOSTIBLE DE GALICIA

A alimentación é sen dúbida una das mellores ferramentas, e ao alcance de todas as persoas, que temos para axudar a salvar o planeta e a mellorar a nosa saúde. Do coidado que poñamos na nosa alimentación depende o noso sistema inmunolóxico, así como as redes comerciais de proximidade e o mesmo ecosistema. Esta feira nace, polo tanto, da necesidade de amosar ao público galego e do norte de Portugal todas as empresas estatais e —sobre todo— da nosa comunidade autónoma especializadas nunha produción vegana e sostible. Porque se algo están a demostrar tanto a pandemia do Covid-19 coma o quecemento global, a contaminación e o plástico que campan ás súas anchas nos nosos océanos acabando coa súa biodiversidade, é que precisamos un profundo cambio de hábitos. A nosa proposta incide nese cambio, na necesidade de propiciar un consumo máis responsable e sostible, e de facelo dun xeito asertivo, pedagóxico e, por que non, tamén divertido.

SHOWCOOKINGS

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

CHARLAS

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

GASTRONOMÍA

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

SOSTIBILIDADE

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

FOOD TRUCKS E RESTAURANTES

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

SANTUARIOS E OENEGUÉS

Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas influencers favoritas

O obxectivo principal desta feira é promover un estilo de vida máis vexetal, saudable e sostible estimulando a participación cidadá nun evento que combina consumo responsable, inclusividade e coidado do medio ambiente. A sociedade actual comeza a demandar dun xeito cada vez máis apremante a necesidade de cambiar certos hábitos pouco respectuosos co medio e que temos fondamente interiorizados. Nós queremos amosar dun xeito próximo, pracenteiro e asertivo a riqueza natural, humana, gastronómica e cultural da nosa comunidade.

TAN SÓ UNS DATOS

26

A superficie total utilizada para alimentar o gando equivale ao redor do 26% da superficie total terrestre, preto do 80% do espazo dedicado á actividade agrícola.

A soia, o aceite de palma e a carne de vacún son os principais culpables da destrución de miles de hectáreas de bosques en rexións como América Latina e o sueste asiático.

80

O 80% da deforestación mundial é resultado da expansión agrícola, e a meirande parte é destinada a alimentar animais no canto de persoas.

A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC), axencia independente vinculada á OMS, incluíu as carnes procesadas, todas aquelas que foron sometidas a un proceso de transformación, no grupo 1 de axentes carcinoxénicos.

10,000,000

Estímase que ao redor de 10 millóns de toneladas de plástico rematan nos océanos cada ano.

Segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente os consumidores da UE refugan aproximadamente 5,8 millóns de toneladas de produtos téxtiles ao ano, uns 11 quilogramos por persoa, dos cales preto de dous terzos están compostos por fibras sintéticas.

FOTOS DE LA EDICIÓN DE 2021

DÚBIDAS? Contacta connosco!

Responsable: Asociación Veganagal / Finalidade principal: responder a todas as dúbidas e preguntas que poidan xurdirlle (non ten finalidade comercial) / Lexitimación: consentimento do interesado / Destinatarios: os teus datos serán gardados en Dinahosting / Dereitos: acceso, rectificación, limitación ou supresión de datos / Información adicional: para máis información, pode consultar a política de privacidade.

ORGANIZA:

COLABORAN:

PATROCINADOR OFICIAL:

PATROCINAN:

MEDIA PARTNERS: