Aitor Sánchez, recoñecido dietista-nutricionista, tecnólogo alimentario e divulgador, estará en Vegana.gal para desmentir mitos sobre a alimentación vexetal na charla “Mitos da alimentación vegana”. A través desta palestra, que terá lugar o sábado 26 ás 18 h., Sánchez abordará temas como a suficiencia proteica nas dietas vexetais, a necesidade de suplementos e a posibilidade dunha alimentación vegana en adolescentes.
A súa experiencia como divulgador a través do perfil @midietacojea e dos proxectos @viagetal, @foodmarket, @centroaleris e @sinrecetaweb ofrece unha valiosa perspectiva sobre nutrición vexetal.
Este evento conta co apoio do Concello de Vigo e da empresa de cosmética natural Lush, cuxo compromiso co veganismo e a sostibilidade se reflicte na súa colaboración.