A INDUSTRIA CÁRNICA BAIXO O TESTEMUÑO DE MAURICIO GARCÍA PEREIRA

Mauricio García Pereira en Vegana.gal

Que acontecería se os matadoiros tiveran paredes de cristal? Esta pregunta cobra nova relevancia con Mauricio García Pereira, quen, tras sete anos de traballo nun matadoiro en Limoges, Francia, expuxo publicamente o maltrato animal extremo que viviu de primeira man. No ano 2017, Mauricio denunciou ao maior matadoiro municipal de Francia, desvelando a violencia intrínseca do sistema cárnico.

Na súa charla en Vegana.gal, Mauricio falará sobre a súa experiencia e os intereses que manteñen oculta esta realidade. É unha oportunidade para achegarse á súa testemuña e reflexionar sobre os impactos do consumo de carne na sociedade.

A feira Vegana.gal conta co patrocinio do Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.