COMO TERMINAR COA TAUROMAQUIA EN ESPAÑA

Maria José Martínez e Ramón Vallés explican a Iniciativa Lexislativa Popular en Vegana.gal

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Non é a miña cultura”, impulsada por AnimaNaturalis, traballa para conseguir as 500.000 sinaturas necesarias antes de tres meses para prohibir a tauromaquia. María José Martínez (mestra de primaria, vegana e activista de AnimaNaturalis) e Ramón Vallés (Integrador Social, Creador escénico e escritor, activista Lgtb e vegano), coordinadores da ILP en Madrid, explicarán en VeganaGal a importancia deste movemento e as maneiras de apoiar a súa causa. A palestra “Como acabar coa tauromaquia en España” terá lugar o domingo 27 de outubro ás 10:30 horas e é unha chamada á acción para rematar cos espectáculos taurinos no país.

Esta actividade é posible grazas á colaboración do Concello de Vigo e da empresa Lush, que apoian un futuro sen violencia animal.