MODA E SOSTIBILIDADE: A EXPERIENCIA DE CLOTSY BRAND

“Mi metamorfosis con Clotsy Brand” é a historia de Ángela Gómez, co-fundadora de Clotsy Brand, quen en 2020 decidiu crear unha marca de moda sostible e ética. Fundada en Valencia por un equipo moi novo e comprometido, Clotsy presenta unha liña de roupa minimalista, cómoda e coidadosamente deseñada, que reflicte os valores do veganismo e do coidado medioambiental.

O sábado 26 ás 16 h. Ángela compartirá co público de Vegana.gal o seu percorrido persoal desde consumidora de moda rápida ata emprendedora dunha marca que aposta por prendas xustas e respectuosas co medio ambiente. O seu proxecto medrou da man de Vegana.gal, e esta charla é unha oportunidade para coñecer a evolución da firma.

Este evento é posible grazas ao Concello de Vigo e Lush.