ÉTICA ANIMAL: UNHA ÉTICA QUE INCLÚE A TODOS OS SERES

Coñece as iniciativas en prol dos dereitos animais.

Ética Animal é unha organización sen ánimo de lucro que promove unha ética global e inclusiva, defendendo o benestar de todos os seres, independentemente da súa especie. Fundada por activistas cunha profunda vocación filosófica e social, a organización leva anos traballando en proxectos educativos, campañas e investigacións sobre o sufrimento dos animais na natureza e nas explotacións.

Na súa intervención en Vegana.gal, Olaia Freiría, coordinadora da asociación, ofrecerá unha visión renovadora das prácticas pedagóxicas que poden axudar a garantir unha vida digna e libre de sufrimento para todos.

A feira Vegana.gal é un evento patrocinado polo Concello de Vigo e Lush.