Coñece ao fundador de Heura e a súa alternativa proteica vexetal.
Marc Coloma é o fundador de Heura, unha das empresas pioneiras en ofrecer alternativas vexetais á carne con gran sabor e calidade nutricional. Xunto co seu equipo, Marc impulsou un cambio na industria alimentaria, poñendo ao alcance de todos produtos que contribúen a reducir a pegada ambiental e a acabar co sufrimento animal.
A súa intervención en Vegana.gal estará centrada nos retos, aprendizaxes e vitorias da súa traxectoria como emprendedor en defensa dun futuro máis sostible. Unha oportunidade para coñecer a fondo a visión e misión de Heura.
Vegana.gal 2024 conta co patrocinio do Concello de Vigo.