ÁGUEDA UBEIRA: GASTRONOMÍA E ARTE NA COCIÑA VEXETAL

Cociña e paixón pola innovación cun toque de arte.

Águeda Ubeira é unha das fundadoras de Vanetta Food, unha Startup que nace en 2023 co obxectivo de contribuír a crear unha alimentación sostible, vexetal e cunha elevada achega proteica. Os seus fundadores Águeda Ubeira e Manuel Vila desenvolveron a primeira fábrica de carne baseada en vexetais en Galicia para ofrecer produtos que non existen no mercado, cunha orientación á canle B2B. Ademais son a alternativa esperada na restauración actual: alternativas ao sector cárnico sen ser nuggets, salchichas ou hamburguesas. Actualmente teñen en desenvolvemento un proxecto Biotech orientado á canle sénior para adaptar proteínas vexetais cara a todas as necesidades tales como a absorción de nutrientes, carencias vitamínicas etc.

E é que o desexo de Águeda é crear pratos saborosos sen crueldade animal levaron a Águeda a explorar novos ingredientes vexetais e métodos de cociñado. Na súa demostración culinaria en Vegana.gal, patrocinada polo Concello de Vigo, Águeda mostrará como a cociña vexetal pode ser unha verdadeira obra de arte.