BEFLAMBOYANT: CALZADO ÉTICO E SOSTIBLE CON SELO GALEGO

Un proxecto de calzado vegano nacido en Galicia.

Beflamboyant é unha marca de calzado sostible que naceu en Galicia co propósito de ofrecer un produto ecolóxico, vegano e de alta calidade. Con materiais reciclados e deseños ergonómicos, esta empresa aposta por un calzado que respecta o medio ambiente sen comprometer a estética e a comodidade. Na súa charla en Vegana.gal, programada para o domingo 27 ás 16 h. e apoiada polo Concello de Vigo, Tatiana González contará a historia deste proxecto, os desafíos da ética no calzado e a importancia de apoiar a economía local.

Tatiana, confundadora e CEO da marca ten un compromiso claro: transformar a moda nunha forza de impacto positivo, redefinindo o futuro cara a unha industria máis consciente, respectuosa e sostible. Na súa palestra falaranos do concepto de calzado Barefoot, do seu impacto sobre os nosos pés, da transición cara a este calzado, da estética que vemos e de todo o que non vemos pero si sentimos. “En 2019, naceu Beflamboyant, que non é só unha marca de calzado vegano e sostible; é un movemento. Queremos que as persoas vexan máis aló do estilo e se decaten do impacto real das súas eleccións de consumo.”