ROCÍO CANO COUTO: CRIANDO SEN MITOS

Desmitificando a crianza vegana desde un enfoque sociolóxico

Rocío Cano Couto, coñecida en redes como @veganaynormal, naceu na Coruña en 1974 e é licenciada en Socioloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén ten un mestrado en Drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid e outro en Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa pola UNED. Na súa charla Desmitificando a Crianza Vegana, Rocío desmontará mitos e estigmas da crianza vegana a través dunha perspectiva sociolóxica.

Ademais, presentará e asinará o seu primeiro libro, Criar tamén é política, que explora como está criando as súas fillas nun entorno que desafía as normas convencionais. A súa análise conecta a crianza con temas como o veganismo, o capitalismo e a liberdade sexual.

Patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.