VEGANA.GAL 2024

CARLA APARICIO: EXPERIENCIA E COIDADO ANIMAL

A nutrición vegana para animais é posible

É un pracer contar con Carla Aparicio na nosa programación. Esta empresaria vegana leva máis de 12 anos no mundo do rescate animal e dirixe centros veterinarios desde 2018. Carla é unha verdadeira amante da nutrición, tanto humana como animal, e formouse como ATV, ademais de ter varias capacitacións en nutrición. É a directora da única clínica veterinaria vegana do país, @lidaveterinaris, e acaba de lanzar a primeira tenda online e distribuidora de produtos veganos de alta calidade para animais, @pinkpeas.es.

Na súa charla Alimentación vegana para perros e gatos, Carla abordará as preguntas clave: ¿Poden os cans e gatos ser veganos? Aínda que existen moitos mitos e información incompleta sobre a nutrición vegana en animais, os estudos ofrecen datos esperanzadores. É fundamental coñecer as bases da alimentación vegana para que estas especies non sufran e poidan levar unha vida plena.

Patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.

AMANDA ROMERO: ACTIVISMO E DEREITOS DOS ANIMAIS

Explorando o efecto Veganuary e a súa influencia

Non podedes perder esta charla! Amanda Romero é activista dos dereitos dos animais dende hai máis de 15 anos e ten formación en Psicopedagoxía e desenvolvemento de entidades sen ánimo de lucro. Colabora en campañas con diversas organizacións e foi directora da Fundación Igualdade Animal en España, así como concelleira no Concello de Madrid no último mandato.

Na súa charla O efecto Veganuary: xaneiro e máis alá, Amanda revelará as claves detrás de @veganuaryespaña desde a súa perspectiva como directora.

Consulta a programación completa nas redes de @vegana.gal 💛

Patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.

ROCÍO CANO COUTO: CRIANDO SEN MITOS

Desmitificando a crianza vegana desde un enfoque sociolóxico

Rocío Cano Couto, coñecida en redes como @veganaynormal, naceu na Coruña en 1974 e é licenciada en Socioloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén ten un mestrado en Drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid e outro en Sostibilidade e Responsabilidade Social Corporativa pola UNED. Na súa charla Desmitificando a Crianza Vegana, Rocío desmontará mitos e estigmas da crianza vegana a través dunha perspectiva sociolóxica.

Ademais, presentará e asinará o seu primeiro libro, Criar tamén é política, que explora como está criando as súas fillas nun entorno que desafía as normas convencionais. A súa análise conecta a crianza con temas como o veganismo, o capitalismo e a liberdade sexual.

Patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.

VEGANA.GAL PRESENTA A PROGRAMACIÓN DA SÚA CUARTA EDICIÓN: UN ESPAZO PARA O ACTIVISMO, A GASTRONOMÍA E A CULTURA VEGANA EN GALICIA

A cuarta edición da feira Vegana.gal celebrarase os días 26 e 27 de outubro en Vigo, cun programa cheo de actividades que abrangue dende o activismo e a gastronomía, ata espazos especializados para a infancia e unha zona B2B para profesionais. Este evento anual consolídase como o principal encontro vegano en Galicia, reunindo proxectos sostibles e emprendedores que promoven un estilo de vida respectuoso cos animais e co planeta.

Destacados das charlas

Entre as voces que resonarán nesta edición, cómpre salientar varios expertos e activistas que comparten a súa experiencia e coñecemento sobre o estilo de vida vegano:

  • Aitor Sánchez, nutricionista e divulgador, impartirá a charla ‘Como combater mitos e bulos sobre alimentación vegana’ o sábado 26 ás 18:00. Sánchez é coñecido polo seu traballo en @midietacojea, onde desmitifica falsas crenzas sobre a nutrición e promove unha alimentación saudable e sostible.
  • Amanda Romero, coordinadora de campañas en Veganuary, ofrecerá a charla ‘O efecto Veganuary: xaneiro e máis alá’ o domingo 27 ás 12:00. Romero afondará no impacto que ten Veganuary, unha iniciativa que impulsa a miles de persoas a probar o veganismo durante o mes de xaneiro e que está xerando un cambio global significativo cara a unha alimentación máis ética e sostible.
  • Outro dos pratos fortes desta edición é a presenza de Mauricio García Pereira (o sábado 26 ás 19:00 h), coñecido polo seu activismo tras destapar a crueldade dos matadoiros en Francia, quen ofrecerá a charla ‘Se os matadoiros tiveran paredes de cristal’. Mauricio, extraballador do matadoiro municipal de Limoges (o máis grande de toda Francia), exporá o sufrimento dos animais nos matadoiros, un testemuño impactante que busca concienciar sobre a urxencia de mudar o sistema alimentario. A súa historia de loita, superación persoal e compromiso co activismo non deixará indiferente a ninguén.
  • Rocío Cano, socióloga e activista, presentará o sábado 26 ás 12:00 a charla ‘Crianza vegana desde unha perspectiva sociolóxica’. Cano achegará unha reflexión profunda sobre o impacto social e cultural da crianza vegana, explorando os retos e as oportunidades que esta decisión implica para as familias que buscan criar nun entorno respectuoso cos animais e o medio ambiente.

Unha feira para todos os públicos: xeral, infantil e sector profesional

Por suposto, a gastronomía tamén será un dos puntos clave da feira, cunha serie de showcookings que demostrarán que a cociña vegana non ten límites. O sábado, Marc Coloma, fundador de Heura Foods, liderará unha demostración culinaria baixo o título ‘A realidade oculta do sistema alimentario e que facer para mudalo’, mentres que Águeda Ubeira, de Vanetta Foods, presentará a súa visión sobre como ‘Reinventar a cociña tradicional’ o domingo.

Ademais, o público infantil contará cun programa especial, que inclúe Peque Ioga, contacontos, obradoiros creativos como a elaboración de monicreques reciclados e un espazo para xogar en familia con actividades divertidas como o circo de @atipicocirco. Este ano tamén se ofrecerán sesións de Mini Vegan Chef para que os máis pequenos se familiaricen coa cociña saudable.

Para os profesionais do sector, haberá un espazo B2B facilitado pola axencia de comunicación Mardy Bum, onde se impartirán charlas especializadas, como ‘Constrúe unha marca con personalidade no sector vegano’ e unha sesión de ‘speed dating’ o sábado 26, que conectará proxectos emerxentes con empresas consolidadas. O domingo, a charla sobre marketing de influencers para marcas veganas axudará a proxectos emprendedores a potenciar a súa presenza nas redes sociais e a achegarse a un público máis amplo.

Espazos de lecer e puntos de información

Na feira Vegana.gal tamén teñen cabida o lecer e a información. Esta edición repetirase o exitoso Skeirrum de hai dous anos, unha zona interactiva que ofrecerá diversión para os máis atrevidos. Ademais, haberá un punto de información nutricional a cargo de Nutricoles, onde os asistentes poderán resolver dúbidas sobre nutrición baseada en vexetais durante todo o día. Así mesmo, haberá a disposición do público unha libraría co máis selecto da temática para as diferentes idades. Este espazo contará coa presentación de libros e sinaturas de autoras como Rocío Cano, Cristian Alonso (@lapastanoengorda), Manel García @addictedtohumus) ou Miquel Cuenca (@elveganomarrano). Tamén se habilitará un espazo con actividades de xogo libre para bebés, co obxectivo de ofrecer unha experiencia accesible e cálida para familias.

A feira pecharase o domingo 27 ás 20:00, tras dous días de aprendizaxe, activismo e celebración dun estilo de vida vegano e sostible.

Lush, patrocinador e protagonista nos obradoiros

A marca Lush, coñecida polos seus produtos cosméticos éticos, é un dos patrocinadores principais desta edición. Lush ofrecerá varios obradoiros tanto para adultos como para os máis pequenos. Entre as súas actividades destacan os obradoiros de automasaxe, que se celebrarán ambos os días, e un divertido obradoiro de bombas de baño para nenos, unha excelente oportunidade para aprender a crear produtos naturais dun xeito lúdico.

Un evento cun forte apoio institucional

A feira Vegana.gal conta co apoio do Concello de Vigo e de Lush como patrocinadores principais, consolidando a súa relevancia como evento de referencia no activismo vegano e na promoción dun estilo de vida ético e sostible.

O evento se botará o peche o domingo 27 ás 20:00, tras dous días de aprendizaxe, activismo e celebración dun estilo de vida vegano e sostenible.

CINCO ACTIVIDADES PARA FACER O SÁBADO NA FEIRA

Unha mañá chea de experiencias en Vegana.gal

Cada experiencia en @vegana.gal é única e irrepetible. Algunhas persoas veñen polas charlas, outras para degustar a gastronomía vegana, e moitas buscan reencontrarse con vellos amigos. Propoñemos cinco actividades que poderías gozar este sábado pola mañá:

1️⃣ Comeza o día cun café delicioso de @sebaristas, acompañado dun gofre ou crepe vegano de @creperia_carlos.
2️⃣ Despois, estira o corpo cunha clase de yoga con @saviayogaintegral.
3️⃣ Proba o almogrote canario de @estoycomounkesotf ou as croquetas de @vanettafood.
4️⃣ Escoita a charla de Marc Coloma, CEO de @heurafoods, sobre A realidade oculta do sistema alimentario e que facer para cambialo.
5️⃣ Remata a mañá comprando artesanía local como camisetas de @laisladetali ou pendentes de @vargaslemos_.

Consulta a programación completa nas redes de @vegana.gal 💛

Patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa de cosmética natural Lush.

VEGANA.GAL ACTIVA A CONTA ATRÁS PARA A FEIRA CUN PASE ESPECIAL DE ‘FOOD FOR PROFIT’ E INAUGURA O MES VEGANO EN VIGO

A proxección contará coa presenza de Oscar Horta, filósofo e activista en defensa dos animais, e permitirá ao público descubrir en exclusiva a programación da feira Vegana.gal.

Hoxe, venres 27 de setembro, os cines Tamberlick da Praza Elíptica de Vigo acollerán unha proxección especial de ‘Food for Profit’, un documental dirixido por Giulia Innocenzi e Pablo d’Ambrosi que expón as presións exercidas polos lobbies agrogandeiros sobre as políticas da Unión Europea. Cun ritmo trepidante, a obra revela as estruturas de poder que manteñen e perpetúan un sistema alimentario que explota tanto aos animais como ao medio ambiente, afondando nas consecuencias éticas, sociais e ambientais deste modelo de produción. Food for profit, atópase ademais entre as 19 películas italianas que competirán para designar o título candidato a representar a Italia na selección para a categoría Premio Internacional de Longametraxe na 97ª edición dos Premios da Academia, os tradicionais Óscar que premian o mellor do ano cinematográfico.

A proxección contará coa presenza do recoñecido activista en defensa dos animais Oscar Horta. Horta, profesor de filosofía moral na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Ética Animal,ofrecerá unha breve charla posterior onde se abordarán os temas centrais do documental desde unha perspectiva ética e social.

O equipo de Vegana.gal aproveitará este evento para desvelar en exclusiva a programación completa da cuarta edición da feira, que se celebrará os días 26 e 27 de outubro no IFEVI de Vigo. O público asistente descubrirá as actividades e charlas previstas, nunha oportunidade única de coñecer de primeira man un dos eventos máis importantes do movemento vegano na península.

Para acompañar o evento, o equipo de Vanetta Food ofrecerá uns petiscos que supoñen unha alternativa vexetal ao sistema agroindustrial que denuncia o documental. Unha mostra de que é posible gozar da gastronomía sen sufrimento animal, cunha proposta ética, sostible e saudable.

Este pase especial será o punto de partida dun mes vegano en Vigo, que culminará coa celebración da cuarta edición da feira Vegana.gal, un encontro patrocinado polo Concello de Vigo onde todo tipo de proxectos, santuarios e público asistente unirán as súas forzas para promover unha cultura de respecto aos animais e ao planeta.

VEGANA.GAL 2024 DESVELA A SÚA IMAXE E APOSTA POLA ARTE COMO FORZA DE TRANSFORMACIÓN

A 4ª edición da feira Vegana.gal, que terá lugar os días 26 e 27 de outubro no IFEVI, Vigo, non só será un punto de encontro para a sostibilidade e o veganismo, senón tamén un espazo de celebración da arte militante e activista. O evento deste ano destaca, entre outras cousas, pola súa aposta por incorporar a arte como ferramenta de transformación social, facendo un chamamento á reflexión sobre o noso papel na protección dos animais e o medio ambiente.

A imaxe oficial da feira, creada pola recoñecida ilustradora e artista visual Larissa Lyra, reflicte a esencia de Vegana.gal: unha feira que une tradición e modernidade, respecto pola natureza e activismo. Lyra, cofundadora do Mona Mercado de Arte de Vigo, exhibirá tamén un espazo artístico o domingo 27, onde os asistentes poderán mergullarse no seu universo creativo, que combina a delicadeza das ilustracións animais co seu profundo compromiso coa natureza.

A arte activista non remata aquí. A ilustradora e muralista galega Eva Casais, coñecida polos seus retratos en acuarela e murais, creará en directo unha obra durante a feira. Esta peza, única e inspirada pola interacción co público, será subastada o domingo, coas ganancias destinadas a asociacións e santuarios que participan na feira e dedican o seu día a día a loitar pola defensa dos animais. A creación de Casais, que se define pola súa busca das imperfeccións e pola súa aposta polo azar no proceso creativo, será un recordatorio da beleza que xorde cando deixamos que a natureza siga o seu curso.

Por último, e aínda que non poidan estar presentes fisicamente na feira, Rafa Doctor e Estela de Castro «si que o estarán en certo modo». Rafa Doctor é un recoñecido comisario de arte, fundador do Espacio Uno do Museo Reina Sofía e exdirector do MUSAC, cunha ampla traxectoria vinculada á promoción da arte contemporánea. Pola súa parte, Estela de Castro é unha destacada fotógrafa e activista, coñecida polos seus retratos de figuras emblemáticas da cultura e a sociedade española, incluíndo a Familia Real.

Doctor agasallou á feira unha serie de «Monsters for Animals«, obras únicas creadas por el mediante a intervención de fotografías de Estela de Castro. Cada unha destas pezas, exclusivas e irrepetibles, estará á venda na feira e os beneficios irán directamente destinados ás asociacións animalistas e santuarios que participan en Vegana.gal, reforzando así o compromiso coa protección animal.

Vegana.gal, feira que conta co patrocinio do Concello de Vigo, convídanos non só a reconsiderar o noso consumo, senón tamén a reflexionar sobre como a arte pode ser unha ferramenta poderosa para o activismo e a transformación social. A feira promete ser unha mestura inspiradora de creatividade, sostibilidade e militancia, que non deixará indiferente a ninguén.

UN FUTURO SOSTIBLE E XUSTO

A importancia da participación cidadá nas decisións políticas

Para garantir un futuro máis xusto e sostible, é fundamental que as administracións públicas promovan estratexias a longo prazo que respecten a todas as especies e o benestar animal. Non podemos permitir que as presións de sectores tradicionais sigan freando o cambio.

Por iso, precisamos da vosa axuda. Este evento non é só unha feira, senón unha plataforma de transformación. A participación activa da cidadanía é clave para demostrar que hai outra maneira de avanzar.

Agradecemos ao Concello de Vigo o seu apoio á feira. Con este xeito demostra ser unha institución máis innovadora que outras entidades ligadas a modelos tradicionais. Sabemos que, xuntas, podemos acadar un cambio real na nosa sociedade.


O APOIO DOS SANTUARIOS NA FEIRA

Colabora cos santuarios e mellora a calidade de vida dos animais

Coñeces o traballo que fan os santuarios polos animais? Descúbreos e préstalles o teu apoio en @vegana.gal. Edición tras edición, os ingresos que obteñen os santuarios durante a fin de semana que dura a feira supoñen unha fonte de ingresos moi importante para que os animais poidan recibir atención veterinaria e alimentación para mellorar a súa calidade de vida, e para que os propios santuarios poidan acoller novos habitantes. Así que vos animamos a parar, escoitar e colaborar co merchan chulo que traen: camisetas, suadoiros, chaveiros, cuncas e moitas outras cousas. Sen dúbida, cartos ben gastados.

Na foto podedes atopar ao noso querido amigo Jose de @frentel.a.santuarioanimal Tedes que seguir o seu proxecto en redes porque é incrible.

A Feira Vegana.gal conta co patrocinio do Concello de Vigo e Lush.

DESCUBRE O FUTURO DA ALIMENTACIÓN NA CUARTA EDICIÓN DA FEIRA VEGANA DE VIGO

As recentes declaracións de Clara Lago, recoñecida actriz e defensora do veganismo, xeraron un amplo debate nas redes sociais. Durante a súa estancia de catro meses en Galicia para a rodaxe da serie Clanes, Lago destacou a falta de opcións veganas nos restaurantes galegos, sinalando: «A gastronomía, sendo vegana, é un pouco complicada en Galicia. Farteiime de pementos de Padrón durante catro meses. En realidade, case exclusivamente comín pementos de Padrón cando saía do meu apartamento. É case o único pero que podo poñer: que exista un pouco máis de variedade para os veganos».

 

En resposta a esta necesidade e co fin de contribuír a un cambio, en 2021 naceu Vegana.gal, a primeira feira vegana e sostible de Galicia. Este ano, Vegana.gal celebrará a súa cuarta edición os días 26 e 27 de outubro no IFEVI de Vigo. Dende a súa creación, o seu obxectivo principal foi reunir nun só espazo todas as solucións e servizos que demanda un público comprometido co respecto aos animais, a sustentabilidade e o benestar persoal.

Aspectos a salientar da feira:

  • Degustacións e mostras gratuítas: Unha oportunidade para probar unha ampla variedade de pratos que demostran a diversidade e o sabor da cociña vegana.
  • Charlas e demostracións culinarias: Expertos en nutrición, chefs de renome e activistas compartirán os seus coñecementos sobre o veganismo.
  • Obradoiros interactivos: O público asistente poderá poñer as mans na masa para crear pratos veganos cheos de cor e sabor.
  • Expositores locais, nacionais e internacionais: Unha selección de provedores que están a transformar a produción de alimentos, moda, calzado, cosmética e outros servizos, todos libres de ingredientes de orixe animal.
  • Libraría e sinatura de libros: Unha coidada selección de literatura antiespecista para todas as idades, ideal para regalar nas vindeiras festividades.
  • Zona infantil: Un programa completo de actividades, incluíndo o Mini Vegan Chef, pensado para os máis pequenos.

A Feira Vegana.gal, que conta co apoio do Concello de Vigo desde a segunda edición, experimentou un notable crecemento nas súas catro edicións, reflectindo o interese e compromiso da comunidade cara a un estilo de vida máis respectuoso co medio ambiente, saudable e sostible.