Cómo chegar a Vegana.Gal 2025?
POR estrada
Por estrada, existen tres grandes vías con saída directa en IFEVI, sen necesidade de entrar na cidade.
- A Autovía das Rías Baixas conecta a cidade co centro de España (A-52).
- A Autovía do Atlántico (A-55) une Vigo coa autoestrada do Norte de Portugal (A-3).
- A Autoestrada do Atlántico comunica a cidade co norte de Galicia (AP-9).
Tamén vos animamos a reducir a pegada de carbono compartindo coche.
EN TREN
Todas aquelas persoas que queiran asistir en tren de longa distancia, poden solicitarnos o número de autorización para aplicar o 5% de desconto no seu billete a través de www.renfe.com.
Pasos a seguir:
- Seleccionar o tren que desexen marcando en calquera das opcións dispoñibles (Básico, Elixe, Elixe Confort e Prémium).
- No despregable de tarifas, seleccionar a tarifa de Congresos/Eventos.
- Introducir o número de autorización na casiña que indica número de autorización (Non válido para a casiña de código de desconto).
EN AVIÓN
O IFEVI conta cun emprazamento estratéxico fronte ao Aeroporto de Peinador en Vigo, a tan só 100 metros.
EN TRANSPORTE PÚBLICO
A liña urbana de Vitrasa (A ARENAL – PORTO / UNIVERSIDADE) circula desde o centro da cidade ata o IFEVI.
- PARADA: 6440 – Camiño do Pino Manso, 6.
Máis información:
Estación de autobuses, Avenida de Madrid, 57 | Tlf: 986 373 411