• 00DÍAS
  • 00HORAS
  • 00MINUTOS
  • 00MINUTOS

Vegana.gal nace o ano 2021 como resposta á necesidade dun público esixente e implicado na procura de todo tipo de produtos que eviten os ingredientes de orixe animal na súa elaboración e composición. É por iso que traballamos por un mundo máis coidadoso co planeta e, por suposto, máis respectuoso cos animais non humanos.

Showcookings

Demostracións de cociña saudable e vexetal da man de recoñecidas e recoñecidos profesionais.

Charlas

Toda a información da man de persoal experto e profesionais da educación ambiental, nutrición, sustentabilidade e veganismo.

Gastronomía

Para dar a coñecer novidades en queixos veganos, embutidos vexetais, burgers, kombucha ou a repostería máis deliciosa; así como alternativas ao plástico, ao papel de aluminio e aos envases dun só uso.

SOSTIBILIDADE

Descobre novos produtos para reducir o teu impacto: produtos zero-waste, moda e cosmética sostible.

FOOD TRUCKS

Unha ampla oferta de food trucks e restaurantes veganos, para probar in situ a riqueza da alimentación vexetal.

SANTUARIOS E OENEGUÉS

Unha plataforma para coñecer o grandísimo traballo que fan polos animais e polo planeta.

PATROCINIOS E COLABORACIÓNS:

Queres que a túa marca tamén forme parte desta revolución? Escribe a info@vegana.gal

Tes un proxecto, queres expoñer?

Dado el éxito experimentado en las primeras ediciones, nuestro objetivo es seguir desarrollando la misma fórmula, tratando de perfeccionar tanto el proceso como el resultado final. Si quieres formar parte de esta revolución Inscríbete

ALGÚNS DATOS INTERESANTES

A superficie total utilizada para alimentar o gando equivale ao redor do 26% da superficie total terrestre, preto do 80% do espazo dedicado á actividade agrícola.

O 80% da deforestación mundial é resultado da expansión agrícola, e a meirande parte destínase a alimentar animais no canto de persoas.

La Agencia Internacional para la Investigación del Cáncer (IARC), agencia independiente vinculada a la OMS, ha incluido as carnes procesadas, todas aquelas que se someteron a un proceso de transformación, no grupo 1 de axentes carcinoxénicos.

As e os consumidores da UE desbotan aproximadamente 5,8 millóns de toneladas de produtos téxtiles ao ano, un 11 kg por persoa, dos cales preto de dous terzos están compostos por fibras sintéticas.

Estímase que arredor de 10 millóns de toneladas de plástico rematan nos océanos cada año.

Estudos recentes mostran que reducir á metade o consumo de carne, lácteos e ovos podería reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do sector agrícola na UE nun 25-40%.

DÚBIDAS? CONTACTA CONNOSCO!

Responsable: Asociación Veganagal / Finalidade principal: atender todas as dúbidas e cuestións que poidan exporse (non ten finalidade comercial) / Lexitimación: consentimento dos interesado / Destinatarios: os seus datos serán gardados en Dinahosting / Dereitos: acceso, rectificación, limitación ou supresión de datos / Información adicional: para máis información, pode consultar a política de privacidade.