Como chegar a VeganaGal 2024?

AVIÓN

O IFEVI conta cun emprazamento estratéxico fronte ao Aeroporto de Peinador a tan só 100 metros.

COCHE

Por estrada, existen tres grandes viais con saída directa en IFEVI, sen necesidade de entrar na cidade.

1. A Autovía das Rías Baixas conecta a cidade co centro da península (A-52)

2. A Autovía do Atlántico (A-55) une Vigo coa autoestrada do Norte de Portugal (A-3).

3. A Autoestrada do Atlántico comunica a cidade co norte de Galicia (AP-9).

COMPARTIR COCHE

Accede ao noso grupo de Telegram para compartir coche e visitarnos desde outros puntos do Estado.

COMO CHEGAR A IFEVI

A liña urbana de Vitrasa (liña A) circula desde o centro da cidade ata o IFEVI.

Máis información: Estación de autobuses, Avenida de Madrid, 57 Teléfono: 986 373 411