Cómo chegar a Vegana.Gal 2025?
POR estrada
Por estrada, existen tres grandes vías con saída directa en IFEVI, sen necesidade de entrar na cidade.
- A Autovía das Rías Baixas conecta a cidade co centro de España (A-52).
- A Autovía do Atlántico (A-55) une Vigo coa autoestrada do Norte de Portugal (A-3).
- A Autoestrada do Atlántico comunica a cidade co norte de Galicia (AP-9).
Tamén vos animamos a reducir a pegada de carbono compartindo coche.
EN TREN
Todas aquelas persoas que queiran asistir en tren de longa distancia, poden solicitarnos o número de autorización para aplicar o 5% de desconto no seu billete a través de www.renfe.com.
Pasos a seguir:
- Seleccionar o tren que desexen marcando en calquera das opcións dispoñibles (Básico, Elixe, Elixe Confort e Prémium).
- No despregable de tarifas, seleccionar a tarifa de Congresos/Eventos.
- Introducir o número de autorización na casiña que indica número de autorización (Non válido para a casiña de código de desconto).
EN AVIÓN
O IFEVI conta cun emprazamento estratéxico fronte ao Aeroporto de Peinador en Vigo, a tan só 100 metros.
EN TRANSPORTE PÚBLICO
A liña urbana de Vitrasa (A ARENAL – PORTO / UNIVERSIDADE) circula desde o centro da cidade ata o IFEVI.
- PARADA: 6440 – Camiño do Pino Manso, 6.
Máis información:
Estación de autobuses, Avenida de Madrid, 57 | Tlf: 986 373 411
INFORMACIÓN PRÁCTICA - Vegana.Gal 2025
A quinta edición de Vegana.gal celébrase os días 25 e 26 de outubro de 2025 no Pavillón 2 do IFEVI (Recinto Feiral de Vigo) Avenida do Aeroporto, 772. 36318 Vigo (Pontevedra).
Animámoste a chegar en transporte público, ou compartindo coche, para reducir o impacto ambiental e seguir co espírito sostible do evento.
– POR ESTRADA:
Por estrada, existen tres grandes vías con saída directa en IFEVI, sen necesidade de entrar na cidade.
- A Autovía das Rías Baixas conecta a cidade co centro de España (A-52).
- A Autovía do Atlántico (A-55) une Vigo coa autoestrada do Norte de Portugal (A-3).
- A Autoestrada do Atlántico comunica a cidade co norte de Galicia (AP-9).
Tamén vos animamos a reducir a pegada de carbono compartindo coche.
– EN TRANSPORTE PÚBLICO:
A liña urbana de Vitrasa (A ARENAL – PORTO / UNIVERSIDADE) circula desde o centro da cidade ata o IFEVI.
- PARADA: 6440 – Camiño do Pino Manso, 6.
– EN TREN:
Todas aquelas persoas que queiran asistir en tren de longa distancia, poden solicitarnos o número de autorización para aplicar o 5% de desconto no seu billete a través de www.renfe.com.
Pasos a seguir:
- Seleccionar o tren que desexen marcando en calquera das opcións dispoñibles (Básico, Elixe, Elixe Confort e Prémium).
- No despregable de tarifas, seleccionar a tarifa de Congresos/Eventos.
- Introducir o número de autorización na casiña que indica número de autorización (Non válido para a casiña de código de desconto).
– EN AVIÓN:
O IFEVI conta cun emprazamento estratéxico fronte ao Aeroporto de Peinador en Vigo, a tan só 100 metros.
As entradas para Vegana.gal 2025 están dispoñibles en preventa online ata o 24 de outubro a través de nuestra plataforma online.
As entradas adquiridas en preventa teñen prezos máis baixos, así que recomendamos mercar con antelación para aforrar e facilitar a organización do evento.
Durante os días da feira (25 e 26 de outubro) a venda realizarase só de maneira presencial no propio recinto — non estará activa a venda online.
💚 Tipos de entrada:
Entrada xeral: 7 € (prezo en taquilla)
Entrada reducida: 5 € (prezo en taquilla)
(para maiores de 65 anos, persoas en situación de desemprego ou con diversidade funcional)Menores de 12 anos: entrada gratuíta
Butaca cero: 5 € — achega solidaria para apoiar que Vegana.gal siga sendo posible, mesmo sen asistir presencialmente.
O Pavillón 2 do IFEVI conta con todas as comodidades para que poidas gozar da feira ao máximo:
📶 Wifi gratuíto dispoñible en todo o recinto.
💺 Mesas e cadeiras para comer, descansar ou compartir momentos.
🔒 Servizo de seguridade durante todo o evento.
🅿️ Aparcadoiro gratuíto con prazas amplas e acceso directo ao pavillón.
♻️ Espazos de reciclaxe distribuídos por todo o recinto.
As mascotas son benvidas en Vegana.gal, sempre con correa e baixo control.
Por respecto ao resto de visitantes e aos propios animais, pedimos evitar situacións de estrés ou ruído excesivo.
No recinto haberá unha zona especial chamada Chill Can, pensada para o descanso dos perretes: con camitas, auga e un espazo tranquilo e agradable para que poidan relaxarse.
Ademais, por todo o recinto atoparás bebedeiros dispoñibles para eles.
O IFEVI é un recinto totalmente accesible, con accesos adaptados, aseos accesibles e zonas sen barreiras arquitectónicas.
O equipo de Vegana.gal está dispoñible para ofrecer apoio ás persoas con mobilidade reducida ou outras necesidades especiais.
Ademais, para facer o evento máis cómodo e inclusivo:
Haberá cascos de cancelación de ruído dispoñibles de forma gratuíta, que se poderán recoller directamente no mostrador de información, sen necesidade de reserva previa.
O domingo 26, durante a primeira hora da xornada, celebrarase a nosa “Hora Low”, pensada especialmente para persoas hipersensibles, con TEA ou con necesidades sensoriais específicas, cun ambiente máis tranquilo, sen música alta nin luces intensas.
No recinto atoparás unha ampla oferta gastronómica 100 % vexetal, con opcións sen glute, sen azucre engadido e para todos os gustos.
Contaremos con food trucks, propostas de cociña local, bebidas naturais e degustacións.
Por coherencia cos valores do evento, non se permite o consumo nin a venda de produtos de orixe animal.
Animámoste a empregar envases reutilizables ou compostables, contribuíndo así a reducir residuos.
Non está permitido fumar nos espazos pechados.
Recoméndase o uso de vasos e botellas reutilizables.
Separa os residuos nos colectores habilitados.
Non se permite a repartición de publicidade sen autorización.
Goza, aprende e comparte con respecto 💚.
Tes dúbidas ou precisas máis información?
Podes atoparnos en:
Ou, se o prefires, podes usar o formulario de contacto dispoñible na web.