SEGUNDA FEIRA VEGANA
E SOSTIBLE DE GALICIA
1, 2 e 3 de xullo 2022
A alimentación é sen dúbida una das mellores ferramentas, e ao alcance de todas as persoas, que temos para axudar a salvar o planeta e a mellorar a nosa saúde. Do coidado que poñamos na nosa alimentación depende o noso sistema inmunolóxico, así como as redes comerciais de proximidade e o mesmo ecosistema. Esta feira nace, polo tanto, da necesidade de amosar ao público galego e do norte de Portugal todas as empresas estatais e —sobre todo— da nosa comunidade autónoma especializadas nunha produción vegana e sostible. Porque se algo están a demostrar tanto a pandemia do Covid-19 coma o quecemento global, a contaminación e o plástico que campan ás súas anchas nos nosos océanos acabando coa súa biodiversidade, é que precisamos un profundo cambio de hábitos. A nosa proposta incide nese cambio, na necesidade de propiciar un consumo máis responsable e sostible, e de facelo dun xeito asertivo, pedagóxico e, por que non, tamén divertido.

SHOWCOOKINGS
Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas chefs e influencers favoritas.
CHARLAS
Ofreceremos ferramentas e información da man de persoas expertas e profesionais da educación ambiental, nutrición, sostibilidade e veganismo
GASTRONOMÍA
Coñece e proba a gran variedade de alternativas vexetais que existen no mercado: carnes, queixos, embutidos etc.
SOSTIBILIDADE
Descobre produtos para reducir o teu impacto: produtos zero-waste, moda e cosmética sostible etc.
FOOD TRUCKS E RESTAURANTES
Goza dunha ampla oferta de food trucks e restaurantes veganos e come delicioso na nosa feira.
SANTUARIOS E OENEGUÉS
Coñece e apoia o labor que os santuarios e as oenegués fan polos animais e o planeta.
CONCERTOS
Desfruta coa música en directo de artistas emerxentes.
ZONA INFANTIL
Contacontos, obradoiros e actividades para os peques gocen tanto coma os maiores.
SHOWCOOKINGS
Aprende a cociñar pratos deliciosos e 100% vexetais da man das túas chefs e influencers favoritas.
CHARLAS
Ofreceremos ferramentas e información da man de persoas expertas e profesionais da educación ambiental, nutrición, sostibilidade e veganismo.
GASTRONOMÍA
Coñece e proba a gran variedade de alternativas vexetais que existen no mercado: carnes, queixos, embutidos etc.
SOSTIBILIDADE
Descobre produtos para reducir o teu impacto: produtos zero-waste, moda e cosmética sostible etc.
FOOD TRUCKS E RESTAURANTES
Goza dunha ampla oferta de food trucks e restaurantes veganos e come delicioso na nosa feira.
SANTUARIOS E OENEGUÉS
Coñece e apoia o labor que os santuarios e as oenegués fan polos animais e o planeta.
CONCERTOS
Desfruta coa música en directo de artistas emerxentes.
ZONA INFANTIL
Contacontos, obradoiros e actividades para os peques gocen tanto coma os maiores.
O obxectivo principal desta feira é promover un estilo de vida máis vexetal, saudable e sostible estimulando a participación cidadá nun evento que combina consumo responsable, inclusividade e coidado do medio ambiente. A sociedade actual comeza a demandar dun xeito cada vez máis apremante a necesidade de cambiar certos hábitos pouco respectuosos co medio e que temos fondamente interiorizados. Nós queremos amosar dun xeito próximo, pracenteiro e asertivo a riqueza natural, humana, gastronómica e cultural da nosa comunidade.

TAN SÓ UNS DATOS
26
A superficie total utilizada para alimentar o gando equivale ao redor do 26% da superficie total terrestre, preto do 80% do espazo dedicado á actividade agrícola.
A soia, o aceite de palma e a carne de vacún son os principais culpables da destrución de miles de hectáreas de bosques en rexións como América Latina e o sueste asiático.
80
O 80% da deforestación mundial é resultado da expansión agrícola, e a meirande parte é destinada a alimentar animais no canto de persoas.
A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC), axencia independente vinculada á OMS, incluíu as carnes procesadas, todas aquelas que foron sometidas a un proceso de transformación, no grupo 1 de axentes carcinoxénicos.
10,000,000
Estímase que ao redor de 10 millóns de toneladas de plástico rematan nos océanos cada ano.
Segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente os consumidores da UE refugan aproximadamente 5,8 millóns de toneladas de produtos téxtiles ao ano, uns 11 quilogramos por persoa, dos cales preto de dous terzos están compostos por fibras sintéticas.

DÚBIDAS? Contacta connosco!
Responsable: Asociación Veganagal / Finalidade principal: responder a todas as dúbidas e preguntas que poidan xurdirlle (non ten finalidade comercial) / Lexitimación: consentimento do interesado / Destinatarios: os teus datos serán gardados en Dinahosting / Dereitos: acceso, rectificación, limitación ou supresión de datos / Información adicional: para máis información, pode consultar a política de privacidade.