CONSIGUE AS TUAS ENTRADAS

Queremos que formes parte de Vegana.gal 2025! 🌱

Estamos a cociñar o programa desta quinta edición e…  queremos a túa receita!

Se tes unha idea para:

🍴 Demostracións culinarias (que nos deixen a todas coa boca aberta)
🗣 Charlas (sobre veganismo, eco-mocidade ou o que te pete)
✂ Obradoiros (de cociña, cosmética, reciclaxe…)
💡 Ou calquera outra actividade molona para adultas ou pequenas

Participar na nosa feira significa ser parte dunha plataforma que promove a inclusión, a sostenibilidade e a innovación social.

👉 Non te cortes! Envíanos a túa idea, pode ser o ingrediente secreto desta edición.

 

Se tes calquera dúbida podes contactarnos ao noso correo info@vegana.gal ou a través da sección contacto

Scroll ao inicio