Grazas por acompañarnos nesta 5ª edición de VEGANA.GAL
O 25 e 26 de outubro compartimos un xeito de vivir baseado no coidado, na ética e na sustentabilidade.
Ao longo destes días compartimos experiencias, sabores, ideas e aprendizaxes. Creamos un espazo onde a empatía, o respecto polos animais e o coidado do planeta estiveron no centro.
Queremos agradecer a cada persoa que asistiu, a quen participou como expositora, ás poñentes, ao voluntariado, ás artistas e colaboradoras. Grazas polo voso traballo, pola vosa ilusión e pola confianza depositada.
Este evento non é só unha feira: é unha comunidade.